En canto á formación, esta semana informamos do seguinte:
Publi&Webinars: Un ciclo de conferencias e obradoiros sobre a creación e difusión de contidos na rede. Desenvolverase de forma virtual entre marzo e maio, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, aberto a todas as persoas interesadas.
Os temas dos coloquios e talleres son:
- Social ads en Facebook e Instagram.
- Como se xestiona a atención ao cliente dende o punto de vista dos negocios web.
- Claves para lograr un emprazamento das páxinas creadas co xestor de código aberto de WordPress.
- Creación de podcasts.
- Como crear unha tenda online.
- E-mail marketing, xestión de datos, optimización ou analítica.
Consulta máis información sobre esta formación.
Probas de certificación de lingua galega CELGA 1, 2, 3 e 4: Convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, para que as persoas maiores de 16 anos, tanto españolas como estranxeiras, poidan acreditar o coñecemento do galego.
Os exames realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada, nos meses de maio e/ou xuño de 2021.
O formulario de solicitude pódese cubrir en sede electrónica segundo o procedemento PL500C. O prazo para presentalas está aberto ata o 12 de abril de 2021.
No DOG podes consultar máis información e tamén no portal da lingua galega.
Axudas ao autoemprego e á contratación da mocidade: podes consultar as novidades nas axudas que se van convocando ao longo do ano a través da seguinte ligazón: axudas á contratación.