Informamos das seguintes novidades:
Listas de contratación da Xunta de Galicia: A Xunta de Galicia convoca as listas de contratación para persoal laboral e funcionarios/as segundo o establecido no DOG, onde podes consultar as listas abertas.
O prazo de solicitudes estará aberto dende o 1 de marzo ata o 30 de abril de 2021. Consulta a información en Función Pública, onde especifican os requisitos a cumprir, a documentación a presentar e máis.
Cursos da Fundación Esplai: esta fundación oferta catro cursos na modalidade de teleformación, para a mellora das competencias dixitais:
- Community manager para telecentros e entidades sociais.
- #ChicasInTech: crea actividades sobre ciencia e tecnoloxía con perspectiva de xénero.
- Prepárate para obter a Certificación IC3 Global Standard 5 (GS5).
- Programación con Python e Intelixencia Artificial.
O prazo de inscrición é ata o 28 de marzo de 2021 e os cursos comezan o 5 de abril de 2021. Consulta os requisitos e máis información na Fundación Esplai.
Bolsas de idiomas para persoas con discapacidade: a Fundación ONCE convoca axudas para cursos con estancia entre 4 e 12 semanas para estudar inglés, francés ou alemán no estranxeiro. Os cursos deberán ter unha carga lectiva de 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha, e realizaranse entre o 15 de febreiro ao 31 de decembro do 2021.
Os solicitantes deben ser persoas entre 18 a 29 anos, con discapacidade recoñecida de polo menos o 33% e inscritos/as en Garantía Xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de setembro de 2021. Consulta máis información na Fundación ONCE.