CS ENSINANZA E ANIMACIÓN SOCIODEPORTIVA
FAMILIA PROFESIONAL
Actividades físicas e deportivas
Título que se obtén
Técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva
Saídas profesionais
Este técnico exercerá a súa actividade en:
- Empresas de servizos deportivos.
- Padroados de deportes ou entidades deportivas municipais.
- Clubes ou asociacións deportivas.
- Clubes ou asociacións de carácter social.
- Empresas turísticas: hoteis, cámpings, balnearios, etc.
- Grandes empresas con servizos deportivos para os seus traballadores.
- Centros xeriátricos ou de carácter social.
- Federacións deportivas.
- Organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deportes, etc.).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Promotor de actividades físico-deportivas.
- Animador de actividades físico-deportivas.
- Coordinador de actividades polideportivas.
- Monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.
Plan de estudos
Primeiro curso
Módulos |
Actividades físicodeportivas de implementos |
Actividades físicodeportivas individuais |
Itinerario persoal para a empregabilidade |
Metodoloxía do ensino de actividades físicodeportivas |
Valoración da condición física e intervención en accidentes |
Xogos e actividades físicorecreativas e de animación turística |
Inglés profesional |
Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo |
Segundo curso
Módulos |
Actividades de lecer e tempo libre |
Actividades físicodeportivas de equipo |
Actividades físicodeportivas para a inclusión social |
Dinamización grupal |
Empresa e iniciativa emprendedora |
Formación en centros de traballo |
Planificación de animación sociodeportiva |
Proxecto de ensino e animación sociodeportiva |
Idioma
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües