O luns 1 de febreiro comeza no CIFP Rodolfo Ucha a campaña Escaparates Solidarios, unha iniciativa de FP Dual de Comercialización de Produtos Alimentarios.
O alumnado do ciclo quixo aproveitar a actividade de escaparatismo para desenvolver unha iniciativa solidaria de recollida de alimentos e visibilizar a necesidade de garantir unha boa alimentación a todas as persoas nestes tempos de incerteza.
Durante dúas semanas, do 1 ao 12 de febreiro, estarán dispoñibles na entrada do centro unhas caixas do Banco de Alimentos para que cada persoa poida facer a súa achega.
Lembramos que os produtos deben ser non perecedoiros (legumes, pasta, arroz, aceite, conservas, envasados de legumes e verduras, etc) e que nestes momentso, ademais dos que xa citamos, serían especialmente benvidos alimentos e cueiros infantís.
Utilizaremos o hashtag #escaparatessolidarios para a difusión en redes.
Grazas!