Esta semana informamos de dúas novidades importantes para a xuventude:
Unha para aquelas persoas que están valorando presentarse á ABAU, a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publicou na súa páxina web as datas provisionais da ABAU de 2021:
- Convocatoria ordinaria: 8, 9 e 10 de xuño.
- Convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de xullo.
Podedes ampliar a información sobre a convocatoria e modelos de exames na páxina da CIUG.
A outra nova é para toda a mocidade galega, que pode solicitar de xeito presencial a Chave 365.
Pódese facer nos Espazos Xove das localidades de: Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro. Tamén no Centro coordinador de información xuvenil de Santiago de Compostela ou no Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo.
A Chave 365 permite a todas as persoas xestionar solicitudes, axudas ou expedientes sen necesidade do certificado dixital ou DNI electrónico.
Consulta máis información na páxina da Xunta de Galicia e no vídeo explicativo do Instagram de Xuventude.
Recordamos que podedes seguirnos na nosa Instagram Xuventude Rodolfo Ucha.