Esta semana recopilamos a seguinte información de interese sobre axudas:
Axudas urxentes para evitar os cortes de subministración eléctrica: A Xunta de Galicia convoca estas axudas para as persoas máis vulnerables.
Para poder acceder a ela, as persoas solicitantes deben residir en Galicia e ter a condición de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.
As solicitudes poden tramitarse por sede electrónica polo procedemento IN414D e tamén en Axudas da Xunta, ata o 31 de outubro de 2021.
Consulta máis información no DOG e na Dirección Xeral de Enerxía, teléfono 981 957 024 ou no correo electrónico habilitado.
Axudas ao aluguer de vivenda: o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca estas axudas do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVita.
Terán dereito as persoas empadroadas en Galicia que teñan un contrato de arrendamento e cumpran cos requisitos que se establecen na convocatoria. Pode consultarse no DOG e tamén no Instituto Galego de Vivenda e Solo.
As solicitudes poden presentarse por sede electrónica coma o procedemento VI482A ou VI482B, ata o 11 de decembro de 2021.
Tarxeta benvida: A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que ao longo desde ano teñan un/ha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos.
As persoas deberán cumprir os requisitos que se establecen na convocatoria publicada no DOG. Poderán presentar as solicitudes por sede electrónica coma o procedemento BS403B. Podes informarte en Familias galegas ou no correo habilitado pola Xunta.