O Goberno de España acordou a autorización da cuarta prórroga do estado de alarma ata o día 24 de maio. Durante a vixencia desta nova prórroga, os centros educativos continuarán pechados para actividades lectivas presenciais co alumnado.
Lembramos unha vez máis que durante o peche dos centros educativos, o profesorado continuará titorizando e facendo un seguimento das actividades lectivas a través de medios telemáticos: aula virtual, correo electrónico, … Por este motivo, é de moita importancia que o alumnado consulte con frecuencia o correo electrónico (tamén o que se indicou no momento de facer a matrícula no ciclo formativo), aula virtual, … para facilitar o máximo posible a continuidade no proceso formativo.
Desexamos moito ánimo para seguir afrontando a situación actual e recordamos a importancia da colaboración de toda a sociedade respectando as condicións do estado de alarma en beneficio de todos/as.