Durante o tempo que os centros educativos permanezan pechados debido á pandemia provocada polo coronavirus COVID-19, o profesorado continúa titorizando e atendendo ao alumnado por medios telemáticos: aula virtual, correo electrónico, …
Por este motivo, é moi importante que consultedes con frecuencia o correo electrónico, aula virtual, … para facilitar o máximo posible a continuidade no voso proceso formativo.
Pregunta todas as túas dúbidas sobre os contidos dos módulos ao teu profesorado polos medios que esteades utilizando ou ben escribe un correo electrónico ao enderezo do centro: cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal.
E lembra a importancia nestes momentos de quedar na casa, por ti e por tod@s .
Un saúdo e moito ánimo!!