Aproveitando a vindeira celebración do Día Internacional da Muller, esta mañá inaugurouse no noso centro a exposición Lideresas, un proxecto da fotógrafa ferrolá afincada en Madrid, Ana Amado. Será unha exposición itinerante por outros dous centros da nosa cidade, o IES Saturnino Montojo e o IES Ricardo Carballo Calero.
Trátase da mutación dunha serie de fotografías emblemáticas onde vemos a mulleres maiores no rol en que aparecían homes senlleiros na historia. As modelos pertencen a unha asociación dun barrio de Madrid.
A fin que se persegue con esta exposición, premiada a nivel nacional e internacional, é loitar contra os estereotipos de xénero e a perda de visibilidade das mulleres maiores. É a primeira vez que se pode ver en Galicia.
Este proxecto terá continuidade coa elaboración do material para a exposición Lideresas en Ferrol, onde serán paisanas nosas as que substitúan ás madrileñas nas fotografías e para o que seguiremos colaborando os tres centros educativos que expoñen as fotos de Ana Amado.
Queremos agradecer o traballo arreo realizado por Eva Robles e Berta Veiga que xunto a profesorado dos outros dous centros educativos conseguiron poñer en pé este proxecto.