Se che gusta a fotografía, facer vídeos, eres un poeta ou realizar proxectos colaborativos, esta semana animámosvos a participar nos seguintes concursos:
Concurso de Fotografía Científica: Galiciencia 2020 convoca este concurso para todo o alumnado e profesorado de FP, bacharelato e secundaria dos centros educativos galegos. As fotografías teñen que gardar relación coa temática A innovación do futuro, mais tes liberdade na súa execución. Podes presentar 3 traballos como máximo ata o 15 de marzo de 2020. Consulta a información en Xuventude e as bases do concurso.
XXII Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís: O Concello de Carballo convoca este certame no que poderás enviar ata un máximo de 3 obras de temática libre. En Xuventude podes ler as bases, tamén na web do Concello ou no BOP. Se che gusta a fotografía anímate a participar e gañar o premio!
II Concurso de Curtos “A mocidade #ante o 8M”: Convocado polo Departamento Confederal de Mocidade de USO para todas as persoas maiores de idade que presenten un curto sobre temas relacionados co teito de cristal, igualdade de oportunidades… baixo a idea do título “A mocidade #ante o 8M”. Presenta o teu traballo antes do 23 de febreiro do 2020 e gaña premios en metálico. Consulta as bases e máis información en Xuventude.
FICBUEU 202 – Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu: Organizada pola Asociación Cultural FICBUEU para proxectar e promocionar as mellores curtametraxes realizadas no ámbito internacional durante os días 11 a 19 de setembro de 2020. Se tes máis de 18 anos anímate a participar e levar o premio! Envía o teu curto ata o 15 de abril de 2020 ás 14:00 horas. Máis información na páxina FICBUEU e Xuventude.
Cooperativismo no ensino 2020: dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria convócase este certame para difundir e promover o cooperativismo na comunidade educativa. No eido da formación profesional a modalidade abrangue un proxecto empresarial cooperativo. O prazo é ata o 30 de abril, consulta as bases e olla os premios na páxina de Xuventude.
I Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo: Se es maior de idade e teu son as verbas, o Concello de Bergondo convoca este premio para poesías cun mínimo de 500 versos. Consulta as bases e o premio que podes gañar se presentas o teu traballo en prazo ata o 1 de abril de 2020. Podes informarte en Xuventude.