Coa presenza da directora Xiana do Teixeiro que participou nos posteriores coloquios, pasamos onte no salón de actos do noso centro a película documental “Tódalas mulleres que coñezo” .
Fixéronse senllos pases, para FP básica e ciclos medios ás 10:45h, e para os ciclos superiores ás 13:00h.
O documental xira en torno á pregunta, “Somos libres as mulleres cando saímos á rúa?”. As respostas agardamos que fagan reflexionar e debater ao noso alumnado.