A Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan a V edición do premio literario Nortear
Poden participar no premio Nortear todas as persoas, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.
Premio
1. O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros
2. As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
3. Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal.
Presentación das obras
As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato A4, e deben estar tamén acompañadas dun exemplar en formato dixital (Word, Pdf, Open Office ou formato aberto) entregado nun CD ou dispositivo de almacenamento de datos (pendrive ou similar).
As obras concorrentes teñen que ser asinadas baixo un pseudónimo do/a autor/a.
As obras presentadas teñen que vir acompañadas dun sobre pechado, identificado co título da obra e o pseudónimo do autor (coincidente co pseudónimo utilizado nas copias da obra) coa seguinte información:
a) Identificación do concorrente: nome completo; identificación fiscal; enderezo completo (envío de declaración do domicilio de residencia do participante no Norte de Portugal ou Galicia); enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
b) Declaración asinada polo/a participante en que se mencione que a obra presentada ao concurso é orixinal e inédita, onde conste que é o/a titular de todos os dereitos de explotación da obra que se presenta a concurso, sen excepción, así como de que estes dereitos non están cedidos, baixo ningunha condición, e onde se asegure que non coñece, na data de presentación da obra ao concurso, ningunha acción ou reclamación de terceiros que poña en causa a autoría respecto dela. A non inclusión da dita declaración será motivo de exclusión automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
c) Autorización asinada para a publicación da obra.
Cada candidato/a non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.
Características dos orixinais
Os orixinais serán presentados en texto impreso, en formato A4, paxinado e procesado a espazo 1.5, letra tipo Times New Roman, tamaño 12.
Debe ter como límite mínimo 5.000 palabras e como máximo 8.000.
Lugar e prazo de entrega
As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 Bouzas – Vigo
arodrigues@gnpaect.eu
Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata o 28 de xuño de 2019 (incluído).
No sobre farán constar:
Premio literario Nortear
Novos Escritores
Galicia – Norte de Portugal
Máis información:
http://www.cultura.gal e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/portal/