CS DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA (DUAL)
FAMILIA PROFESIONAL
Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior
Horas: 2000 (52% no centro educativo – 48% na empresa)
Código: ZSIFC02
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
SAÍDAS PROFESIONAIS
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións
informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
- As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.
Plan de estudos
Primeiro curso (2020-2021)
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 186 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Segundo curso (2021-2022)
Módulos | Horas |
Acceso a datos | 157 |
Desenvolvemento de interfaces | 140 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Programación de servizos e procesos | 70 |
Programación multimedia e dispositivos móbiles | 123 |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
IDIOMA
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.