Entre os titulados premiados, figura a nosa ex-alumna do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación  Cristina Aneiros López. Parabéns Cristina!

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu o 22 de febreiro de 2019 o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato, de FP de grao superior e das Ensinanzas Artísticas Profesionais. Nun acto celebrado no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, a conselleira sinalou aos galardoados como “a proba de que á excelencia non se chega polo camiño fácil”. “Hoxe recoñecemos os vosos méritos excepcionais, baseados no esforzo e no traballo que vos trouxo ata aquí”, dixo a conselleira, que quixo tamén salientar “o mérito das vosas familias e os vosos docentes, sen o que o éxito académico dos premiados non sería posible”.

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/27075.