INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS

Para iniciarte no mundo da Informática, unha das mellores opcións é o CB Informática de Oficina. Se a túa paixón é instalar, configurar e manter sistemas Informáticos e redes interesaranche o CM Sistemas Microinformáticos e Redes ou o CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Para aprender a desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas apúntate no CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, dispoñible en modalidade ordinaria ou de FP Dual. Se prefires os contornos web, a túa opción é o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web, dispoñible tanto en modalidade ordinaria en horario vespertino como en modalidade a distancia. E se xa tes un título de grao superior e queres mellorar a túa capacitación en materia de ciberseguridade, podes optar polo Curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS CICLOS

OFERTA ORDINARIA

curso de especialización – grao superior

RÉXIME MODULAR

DUAL Intensiva