Facer a FCT noutro país da Unión Europea non ten moitas diferenzas, agás as evidentes, co respecto a facela no territorio español. Ver entrada sobre a FCT nesta mesma web
Nembargantes intentaremos resolver as posibles dúbidas e as preguntas máis frecuentes:
QUEN AS PODE REALIZAR?
Todos aqueles alumnos/as que estén cursando 2º curso no momento de realizar a FCT.
Tamén podería facer prácticas no estranxeiro o alumnado que xa titulou dentro dos seguintes 6 meses a data de titulación.
CALES SON OS REQUISITOS PARA PODER REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS?
1º Ter a voluntade e o compromiso de facelas.
2º Ter un nivel medio-alto en idioma estranxeiro, fundamentalmente inglés, aínda que pode ser tamén a lingua do país de destino: francés, italiano, portugués…
3º No caso de haber máis candidatos/as que prazas unha comisión imparcial decidirá quen ten prioridade basándose en criterios de expediente, formación en linguas, disponibilidade, … entre outros aspectos. O dictamen sería sempre público e transparente.
QUE ME OFRECE O PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO?
Una beca de unha cantidade variable de diñeiro dependendo do país de destino (normalmente entre 250-350 euros por mes) e a posibilidade de facer un curso on-line de idiomas.
COMO SE CONSIGUE A EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS?
Hai dúas opcións, a máis habitual é que o propio alumnado a busque en coordinación co titor da FCT e o responsable das prácticas no estranxeiro utilizando a base de datos de cursos anteriores. Tamén se pode encargar a busca a unha empresa intermediaria
Para o aloxamento tamén hai varias opcións.
QUE PODO GAÑAR PARTICIPANDO NESTES PROGRAMAS?
En primeiro lugar, unha experiencia de traballo nun país estranxeiro que aumentará a variedade e a calidade da formación recibida.
En segundo lugar, unha mellora na capacidade de comunicación e traballo nunha lingua diferente.
E en terceiro lugar, unha experiencia vital que abre os horizontes de emprego non só no estranxeiro senón tamén no territorio español.