A semana pasada o alumnado da familia de Comercio e Márketing colaborou coa “Campaña de Abrigo 2024” da asociación Movilidad Humana. A tarefa non era nada doada, pois tiveron que transformar dous centros cívicos, o Centro Cívico de Canido e o Carvalho Calero, en dúas tendas nun tempo record. O obxectivo era conseguir dignificar o acto recollida da roupa, de xeito que as persoas que a necesitaran se sentiran como si estiveran a mercar nunha tenda.


O alumnado do 2° CS de Xestión de Vendas e Espacios Comerciais, tanto do  réxime ordinario coma dual, encargouse da planificación dos espazos, selección e acondicionamiento das prendas, elaboración do visualmerchandising e montaxe dos escaparates; o alumnado de 2°CS de Marketing e Publicidade encargouse da elaboración de toda a cartalería e creación posterior dos contidos para as redes sociais, e o alumnado de 2°CM de Actividades Comercias encargouse da atención ó público no acto de inauguración da campaña. Tod@s constituiron un gran equipo onde o esforzo porque todo saira perfecto foi unha constante.


Dende aquí queremos darlles moitísimos parabéns polo gran traballo realizado, que se viu reflexado tanto na fantástica acollida que tivo a campaña deste ano, coma na satisfacción de tod@s os que se achegaron a estas tendas solidarias. GRAZAS polo voso compromiso e profesionalidade.