O novo Espazo de Investigación e Innovación de Edificación (EiiE) xa é unha realidade!

Unha aula polivalente equipada con equipos informáticos e mesas elevables para traballo colaborativo.
Un espazo deseñado para que os alumnos poidan mergullarse nas últimas ferramentas e técnicas do sector da edificación.

Nela o noso alumnado terá a oportunidade de desenvolver as súas habilidades en modelado BIM (Building Information Modeling) ou de traballar co escaneado por nube de puntos para analizar espazos e volumes.
As novas lentes de realidade virtual permitiranlles a inmersión total no modelo dixital dos seus proxectos.
Poderán imprimir planos 2D con calidade profesional e crear os modelos físicos dos seus proxectos mediante maquetas construídas de modo mediante corte láser ou por impresión 3D.

Este proxecto non só implica o desenvolvemento dunha aula de vangarda, senón tamén a renovación do equipamento topográfico do instituto. Adquiríronse novas estacións totais, antena GNSS, distanciómetro de precisión….

A aula permitirá ao alumnado acceder a ferramentas de última xeración para as súas prácticas e proxectos. Con esta modernización o noso instituto reafirma o seu compromiso coa formación de profesionais preparados para liderar o futuro do sector da edificación. Estamos listos para construír xuntos grandes cousas!