Tanto Ángel López López como Patricia Román Martínez obtiveron titulación universitaria antes de matricularse nun ciclo de Formación Profesional no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro: Ángel no CS Proxectos de edificación e Patricia no CS Guía, información e asistencia turísticas.

Na reportaxe publicada en La Voz de Galicia e asinada por Beatriz Antón, contan a súa experiencia tras o seu paso polo noso centro e como dende a Formación Profesional se lles abren as portas ao mercado laboral.

Noraboa aos dous, grazas por compartilo todos e todas nós e moita sorte!

No seguinte enlace pódese acceder á reportaxe completa:

Reportaxe en La Voz de Galicia