Durante o mes de xuño o CIFP Rodolfo Ucha albergará unha exposición de maquetas de arquitectura patrimonial realizadas por José Manuel Gutiérrez García.

Estas maquetas representan réplicas detalladas de edificios históricos e monumentos emblemáticos de Pontedeume: O Torreón de Andrade, o Mercado Municipal, a Capela de Breamo, o Mosteiro de Caaveiro, a Igrexa de Santiago…

O noso agradecemento a este gran maquetista pola cesión das súas extraordinarias pezas.

Dado que nestes últimos días do curso o noso alumnado do C. S. Proxectos de Edificación iníciase na realización de maquetas no módulo Representacións de Construción, con esta exposición búscase tanto inspirar a súa creatividade como fomentar o aprecio polo noso patrimonio cultural.