Grazas ao Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade” levado a cabo por docentes do centro, o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro puido desfrutar dunha gran variedade de actividades. Deixámosvos un resumo das actividades que tiveron lugar na primeira avaliación:

  • Convocatoria de CONCURSO DE CARTEIS CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Actividades de aula con motivo da preparación dos actos conmemorativos do 25N:

  • Elaboración dos carteis para participar no concurso.
  • Creación e ensaios da canción conmemorativa polo 25N.
  • Elaboración do manifesto do centro CIFP Rodolfo Ucha en relación ao 25N.
  • Confección das flores de papel, unha por cada unha das vítimas por violencia machista no 2023, para a ofrenda floral do 25N.
  • Montaxe do mural na entrada do centro en contra da violencia de xénero.


Actos conmemorativos do 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO celebrados o 24 de novembro compostos por:

  • Andaina por Caranza a prol da loita contra a violencia de xénero.
  • Entrega de premios do concurso de carteis do 25N
  • Canción elaborada e interpretada polo alumnado do ciclo medio de Actividades Comerciais.
  • Lectura do manifesto elaborado polo alumnado do ciclo superior de Xestión de Vendas Dual.
  • Plantación de árbore conmemorativa e ofrenda floral polas vítimas das mulleres por violencia machista durante o 2023.
  • Mural de mensaxes e plasmación de mans en contra da violencia de xénero.