Alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo medio de “Actividades comerciais” e de 2º curso do Ciclo básico de “Informática de oficina” asistiron o pasado venres, 26 de xaneiro de 2024, nos actos conmemorativos do Día Internacional en memoria das vítimas do Holocausto, organizados polo Concello de Ferrol e que se celebraron na sala Cureñas do Castelo de San Felipe. No acto tamén participou Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora e antiga profesora do noso centro que impartiu unha conferencia sobre esta conmemoración.
Durante a celebración, 3 alumnas (Lucía Díaz, Lucía Otero e Tatiana Prieto) e 3 alumnos (Javier Doallo, Leandro Peña e César Rodeiro) do 2º curso do Ciclo medio de “Actividades comerciais” lembraron o drama do holocausto acendendo 6 velas. Foron acompañados por 4 docentes do centro: Eva Robles, Miriam García, Modesto Riveiro e Manuel Torrente.
O noso agradecemento ao Concello de Ferrol tanto pola invitación para participar nestes actos como polas fotos aquí publicadas que foron cedidas polo propio Concello de Ferrol e realizadas polo fotógrafo Agustín Borrajo.