O pasado venres 3 de novembro celebramos no centro, como é tradición, o noso particular Magosto e maila decoración de portas das aulas co gallo do Samaín.

Ademais da degustación de castañas asadas, celebramos unha xincana de xogos organizada polo Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva e fallamos o concurso de decoración das portas das aulas con motivos terroríficos, propia da festa do Samaín.



O podio final foi o seguinte:

Concurso de Portas

  1. Aula 120 2º do CS de Márketing e Publicidade.
  2. Aula 129 1º do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes.
  3. Aula 125 2º d0 CM de Actividades Comerciais.

Xincana

  1. Equipo 12 1º do CS de Márketing e Publicidade.
  2. Equipo 3 1º do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e 2º do CS de Asistencia á Dirección.
  3. Equipo 1 do Cm de Xestión administrativa e 1º do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes.


Deseguido podedes ver as imaxes das portas gañadoras e mais as outras realizadas polos diferentes cursos participantes. En todas hai traballo e non debeu ser doado o labor do xurado para decidir cales resultaron premiadas, pois moitas eran merecedoras.

Xa ao final, algunhas fotos da xincana.

Dende aquí o noso agradecemento a todo o alumnado participante polo esforzo en “arrepiarnos” coas súas creacións.

Fotografías das decoracións das portas:

PORTA GAÑADORA: AULA 120 – 2º DO CS DE MÁRKETING E PUBLICIDADE



OUTRAS PORTAS:




Fotografías da xincana: