Os estudantes do réxime modular do departamento de Administración e Xestión visitaron con grande aproveitamento o Porto da Coruña o pasado mércores 12 de abril. A visita estivo orquestrada polo educador Manuel, excelente comunicador que soubo transmitir, usando vocabulario técnico adaptado ao ámbito administrativo, os procesos realizados nas instalacións portuarias aportando realidade aos contidos impartidos na aula. Nesta ocasión o alumnado puido ver de preto tanto o porto exterior como o porto interior, dende o peirao de San Diego, pasando pola lonxa (máquina de xeo, patio de poxas, barcos de pesca, corredores de limpo e sucio …) e tamén as oficinas onde se levan a cabo os labores máis relacionadas cos ciclos que cursan. Como anécdota Manuel comentou que nas dependencias do porto rodáronse varias películas nas que as oficinas facían as veces de celas de prisións.
Estas son as imaxes da visita: