O venres 24 de marzo, coincidindo coa fin da 2ª avaliación, celebramos no Pavillón Polideportivo Javier Gómez Noya de Caranza, a final do torneo de baloncesto 3×3 que este curso enfrontou a equipos do noso centro con equipos do CIFP Leixa. Esta final foi precedida dunha xornada de clasificación que determinou os nosos dous equipos finalistas.

Todo o torneo celebrouse por iniciativa e coa organización do propio alumnado.


Na final enfrontáronse o primeiro clasificado do CIFP Leixa co segundo clasificado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e o primeiro do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro co segundo do CIFP Leixa. Destes cruces saíron os equipos que xogaron a final e mais no partido polo terceiro e cuarto postos.

O resultado foi favorable ao noso centro que se alzou co campionato, pero non só levou a medalla de ouro senón tamén a de prata.


A medalla de bronce do terceiro posto e mais o cuarto clasificado corresponderon a equipos que representaban ao CIFP Leixa.


Foron unhas xornadas distendidas e de convivencia a través do deporte para goce da comunidade educativa que agardemos sirva para repoñer as baterías cara ao que queda de curso.

Velaí unha galería de fotografías da xornada na que se disputou a final: