Alumnado do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación realizou ou día 20 de marzo unha visita ás sedes do CIS TECNOLOXÍA E DESEÑO e de CESENA , en Ferrol.
A visita enmárcase dentro da Semana da Administración Aberta. E nela participaron tamén estudantes dos CIFP Leixa, Ferrolterra e Fraga do Eume.
A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), que en 2023 vai celebrar en España durante os días 20 ao 24 de marzo. O seu obxectivo principal é achegar as Administracións Públicas á cidadanía.
Ou noso alumnado tivo a oportunidade de visitar a “Materioteca de Galicia” onde coñeceu novos materiais innovadores . No Centro de Excelencia do Sector Naval CESENA aprendeu as aplicacións do Xemelgo Dixital na fabricación de buques e no desenvolvemento do estaleiro 4.0.
https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/
https://new.siemens.com/es/es/sectores-industriales/cesena.html
O alumnado estivo acompañado nestas visitas polo director do centro Fernando López Uceira e polo profesorado do departamento Jorge Badás Peiteado e Carmen Prieto Palmeiro.
Galería de imaxes: