Alumnado do CSPE (Proxectos de Edificación) realizou ou día 14 de febreiro unha visita á empresa de fabricación de CLT Xilonor no polígono de Coirós.
Ou noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer detalles da fabricación e características do CLT ou madeira contralaminada de man de Miguel Mouzo, responsable de formación e RRHH e de Guillermo Pérez, encargado de control de calidade da empresa.
O CLT é un material en forma de paneis estruturais macizos, formados por varias capas de táboas de madeira aserrada encoladas entre si e colocadas de maneira perpendicular entre elas.
A continuación o grupo fixo unha visita guiada ao casco histórico do concello de Betanzos.
Neste percorrido polo casco histórico alumnado e profesorado recibiu completa información por parte de Elena Carro Vieites, técnico de turismo do concello, sobre a historia e configuración desta zona e sobre o desenvolvemento dos traballos do Programa Rexurbe.
O Programa Rexurbe, é unha iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para comprar inmobles deteriorados ou en estado de abandono co obxectivo de recuperalos e destinalos despois a alugueiro social.
http://igvs.es/web/actuamos/rexurbe
O alumnado estivo acompañado nestas visitas polo profesorado do departamento: Miguel A. González Ramos, Jorge Badás Peiteado e Carmen Prieto Palmeiro.
Galería de imaxes:
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/02/IMG-20230215-WA0009.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/02/IMG-20230215-WA0012.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/02/IMG-20230215-WA0013.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/02/IMG-20230215-WA0011-1024x712.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/02/IMG-20230215-WA0014-1024x659.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2023/02/IMG-20230215-WA0010-1024x666.jpg)