A planificación dunha obra é un proceso complexo debido á variedade de oficios que interveñen nela (albaneis, carpinteiros, fontaneiros…).
Os nosos alumnos do 2º curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación aprenden a realizar esta planificación mediante a análise da documentación do proxecto e o emprego de aplicacións informáticas que permiten obter un diagrama onde se reflectirán todas as fases da execución.
Este software resulta de gran utilidade para facer un seguimento da obra e facilita a toma de decisións no caso que que se producisen desviacións nos prazos.