O venres 11 de novembro, coincidindo este ano co veraniño de San Martiño, celebramos no centro, como é tradición, o noso particular Magosto.

Ademais da degustación de castañas asadas, celebramos unha xincana de xogos organizada polo Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva e fallamos o concurso de decoración das portas das aulas con motivos terroríficos, propia da festa do Samaín que xa comezara o día anterior co concurso de comidas monstruosas, e do que xa demos conta nesta mesma web.

O podio final no concurso das portas foi o seguinte:

  1. 1º curso do CS de Márketing e Publicidade.
  2. 2º curso do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
  3. O terceiro posto foi compartido ex aequo por:
    • 2º curso de CM de Actividades Comerciais.
    • 1º curso do CS de Asistencia á Dirección.
    • 2º curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

Deseguido podedes ver as imaxes das portas gañadoras e mais as outras realizadas polos diferentes cursos participantes. En todas hai traballo e non debeu ser doado o labor do xurado para decidir cales resultaron premiadas, pois moitas eran merecedoras.

Xa ao final, algunhas fotos da xincana e do castañeiro.

Dende aquí o noso agradecemento a todo o alumnado participante polo esforzo en “arrepiarnos” coas súas creacións.

Fotografías das decoracións das portas:

SEGUNDO PREMIO



OUTRAS PORTAS:




Fotografías da xincana e do castañeiro: