Como parte da celebración do tradicional Magosto, onte xoves 10 de novembro tivo lugar o Concurso de Comidas Monstruosas.
Agradecemos ao alumnado de 2º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a elaboración do acaído decorado para enmarcar o concurso.
A comida gañadora foron os ollos de galleta co ponche de sangue de 1°de Márketing e Publicidade.
Ademais das arañas empaladas que levaron o segundo premio e que foron elaboradas por 2º de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, presentáronse tamén a concurso os plátanos pantasma, dos que desafortunadamente non temos constancia fotográfica e que levaron o 3º premio.
Deseguido algunhas fotos do decorado e dos seus creadores: