Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas (modalidades presencial e a distancia).

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na premendo aquí (é necesario introducir DNI e código da solicitude).

prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 27 de xullo ata as 13:00 horas do venres 29 de xullo de 2022. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada ou ben poderase solicitar matrícula na praza adxudicada vía web. Para esta segunda opción, pódense consultar as instrucións para este procedemento premendo aquí (as instrucións aparecen na parte final da páxina web que se amosa ao premer).

A renuncia a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional ou ben poderase renunciar tamén vía web (pódense consultar as instrucións para este procedemento premendo aquí (as instrucións aparecen na parte final da páxina web que se amosa ao premer))

Réxime ordinario

Réxime para as persoas adultas – Presencial

  • Non hai 2ª adxudicación por non existir listaxe de espera para os ciclos formativos ofertados neste centro no réxime para as persoas adultas

Réxime para as persoas adultas – Distancia


As listaxes de adxudicación de toda Galicia así como as listaxes de espera pódense consultar no enlace seguinte: