Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas (modalidades presencial e a distancia). Tamén se publican as listaxes de persoas con praza adxudicada en cursos de especialización.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na premendo aquí (é necesario introducir DNI e código da solicitude).
O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13:00 horas do venres 22 de xullo de 2022 e no caso dos cursos de especialización o prazo abrangue desde o martes 19 de xullo ata as 13:00 horas do martes 26 de xullo de 2022. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento premendo aquí (as instrucións aparecen na parte final da páxina web que se amosa ao premer).
Réxime ordinario
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior
Réxime para as persoas adultas – Presencial
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior
Réxime para as persoas adultas – Distancia
Curso de especialización
Listaxes de toda Galicia nos enlaces seguintes: