Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2022-2023:

Prazo de reclamación: o prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o mércores 6 de xullo ata as 13:00 horas do venres 8 de xullo de 2022. A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático (instrucións para realizar reclamacións).

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na seguinte ligazón (é necesario introducir DNI e código da solicitude)


Máis información e acceso ás listaxes provisionais de toda Galicia no enlace seguinte: http://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2022-listaxes-provisionais-solicitudes