Hoxe luns 8 de marzo conmemórase o Dia da Muller e dende o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro queremos apoiar os actos promovidos polo Concello de Ferrol co gallo desta sinalada data do calendario.

Tamén outras institucións están a desenvolver a campañas encol do tema e, sinaladamente, a Deputación da Coruña leva a cabo a denominada OitoM Moito … na que se promoven unha serie de espazos de encontro en liña, en aberto e de balde, para imaxinar respostas aos retos que se nos aveciñan e no marco destes tempos incertos marcados pola pandemia. Esta ligazón lévate á páxina da Deputación para ter máis información.
