Neste curso 2020/2021 convocamos o 2º Concurso de Fotografía pola Igualdade do CIFP Rodolfo Ucha, para o noso alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.
Queremos ver en fotos situacións que deixen de manifesto a igualdade de capacidades e de dereitos con independencia do xénero, a nacionalidade, a raza, as crenzas ou a orientación sexual que se posúa. Ou que reflictan todo o contrario, e servan de denuncia a situacións de desigualdade intolerables.
Animádevos a mandar a vosa foto e só por participar teredes coma agasallo un lapis de memoria e ademais poderedes optar ao premio que se especifica nas bases do concurso que podedes consultar aquí.
- Bulide que o prazo remata o 10 de decembro!
- O envío faise ao correo que se especifica nas bases, segundo o xeito de participaciónque tamén se detalla.