Portada das Galicia Skills 2018

Galicia Skills - Carlos Bello Pita

Os pasados días 28 e 29 de novembro, celebráronse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, as GaliciaSkills 2018.Este é un campionato eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de 26 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante mide as súas destrezas e demostra as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Por parte do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, participou Carlos Bello Pita, na especialidade de Solucións de software para empresas, a cal admite a participación no concurso de alumnado dos ciclos superiores de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e Desenvolvemento de aplicacións web.

A proba desta especialidade consiste no desenvolvemento dun software a medida para unha empresa ficticia. Este software implica demostrar coñecementos e pericia no manexo de bases de datos, entornos e linguaxes de programación, documentación e xeración de informes.

Na edición deste ano, a competencia foi moi alta e o noso representante non puido alcanzar a primeira posición, aínda que obtivo un meritorio terceiro posto.

Un ano máis, o evento atraeu multitude de participantes de moitos centros distintos, xa que supón unha gran oportunidade para o alumnado que participa nas probas e tamén sirve como escaparate para a Formación Profesional.

Desde aquí, animamos a todo o alumnado a participar en próximas edicións das GaliciaSkills e disfrutar dunha experiencia inolvidable.

Do mesmo xeito, agradecemos o apoio do Grupo Tecnolóxico Artabria como patrocinador desta edición das GaliciaSkills.