O alumnado do CSPE (Proxectos de Edificación) realizou entre os días 15 e 16 de novembro unha visita a Santander  onde tivo a oportunidade de coñecer o Centro Botín, obra do arquitecto e premio Pritzker,  Renzo Piano.

A visita comezou en Avilés donde todos puideron percorrer  nunha visita guida o Centro  Niemeyer e rematou na poboación de  Santillana del Mar coa visita á Neocueva de Altamira ubicada no Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira .