Ola, nesta primeira publicación miña gustaríame presentarvos o logotipo que pretendemos que identifique a todas as publicacións que teñan que ver coa nosa biblioteca.

Quizais moita xente non o saiba pero a imaxe foi a gañadora do concurso que se realizou durante o curso 2010/2011 e do que resultou gañador Brais Freire Díaz-Caneja, naquel entón alumno de primeiro de Administración e Finanzas.

Oxala que guste e se faga moi popular entre todos nós.