O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP Rodolfo Ucha (EDLG) convoca, un ano mais, un concurso de microrrelatos para fomentar a expresión e creación en lingua galega do alumnado do centro.

Trátase de elaborar un texto cunha extensión máxima de 150 palabras que deberá integrar en calquera posición o enunciado seguinte: e ninguén sae.

Cada relato levará un título para identificalo, asinado cun pseudónico e enviado como arquivo adxunto ao enderezo electrónico edlg@cifprodolfoucha.es, indicando o nome e apelidos do participante, o curso e o ciclo no que está matriculado, e o nome do seu titor/a.

O prazo límite de presentación de relatos é as 23.59 h do día 23 de abril, día mundial do libro. A entrega dos premios, terá lugar o 24 de maio de 2016, no acto de celebración das letras galegas.

 

Premios

No caso de presentarse ata vinte textos:

  • Un único premio: unha tarxeta regalo por valor de 150 €

No caso de presentarse máis de vinte textos:

  • Un primeiro premio: unha tarxeta regalo por valor de 150€
  • Un segundo premio: un Smartwatch

Podedes consultar as bases do concurso aquí.