Dúas alumnas do noso Centro resultaron premiadas no concurso “Comercio con talento 2018” convocado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo e que ten como obxectivo impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de Formación Profesional de Galicia. Trátase de María Eugenia Nieto Martínez e de María Victoria Vivero Alonso, alumnas do CM Actividades comerciais.
Uxía elixiu o establecemento de venda de artesanía Sevvenmusas de Ferrol, situado na rúa Magdalena, 126, mentres que Vicky escolleu El armario de Carol tamén de Ferrol (rúa Real, 43) dedicada á venda de roupa e complementos.
Hai que destacar que este concurso outorga 10 premios en total en toda Galicia dos cales 2 foron para Uxía e Vicky. Dende aquí felicitámolas polo seu bo traballo e polo premio acadado por cada unha delas.
Na mañá de hoxe, 16 de xullo, a Directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, fixo a entrega de diplomas (para os establecementos) e premios (para as alumnas) nos propios locais premiados.