CS Desenvolvemento de Aplicacións Web

Familia profesional

Informática e comunicacións.

Título que se obtén

Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:

  • Programador/ora web.
  • Programador/ora multimedia.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Bases de datos  187
 Contornos de desenvolvemento   107
 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información   133
 Programación  240
 Sistemas informáticos  186
 Formación e orientación laboral  107

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Desenvolvemento web en contorno cliente  157
 Desenvolvemento web en contorno servidor  175
 Empresa e iniciativa emprendedora  53
 Deseño de interfaces web  157
 Despregamento de aplicacións web  88
 Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web   26
 Formación en centros de traballo  384

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016