CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Familia profesional

Informática e comunicacións.

Título que se obtén

Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións
informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet,  extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

  • As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Bases de datos  187
 Contornos de desenvolvemento   107
 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información   133
 Programación  240
 Sistemas informáticos  186
 Formación e orientación laboral  107

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Acceso a datos  157
 Desenvolvemento de interfaces  140
 Empresa e iniciativa emprendedora  53
 Programación de servizos e procesos  70
 Programación multimedia e dispositivos móbiles  123
 Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma  26
 Formación en centros de traballo  384

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016