CM Sistemas Microinformáticos e Redes

Familia profesional

Informática e comunicacións.

Título que se obtén

Técnico en sistemas microinformáticos e redes.

Saídas profesionais

Estas persoas exercen a súa actividade nomeadamente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do  soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático.
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Aplicacións ofimáticas  240
 Montaxe e mantemento de equipamentos  240
 Redes locais  213
 Sistemas operativos monoposto  160
 Formación e orientación laboral  107

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Aplicacións web  123
 Seguridade informática  140
 Servizos en rede  157
 Sistemas operativos en rede  157
 Empresa e iniciativa emprendedora  53
 Formación en centros de traballo  410

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016