Ciclo Básico de Informática de Oficina

Familia profesional

Informática e comunicacións.

Título que se obtén

Título profesional básico en Informática de Oficina

Saídas profesionais

Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.
  • Axudante/a de mantemento de sistemas informáticos.
  • Axudante/a de instalador/ora de sistemas informáticos.
  • Axudante/a de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de servizos xerais.
  • Gravador/ora verificador/ora de datos.
  • Auxiliar de dixitalización.
  • Operador/ora documental.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
Ciencias aplicadas I  175
Comunicación e Sociedade I  206
Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos  296
Ofimática e arquivamento de documentos  233

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
Ciencias aplicadas II  162
Comunicación e sociedade II  135
Instalación de mantemento de redes  206
Operacións auxiliares para a configuración e a explotación  205
Formación en centros de traballo  320

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información

Last modified Viernes, 03 Junio 2016