CS Guía, Información e Asistencia Turísticas

Familia profesional

Hostalaría e turismo.

Título que se obtén

Técnico superior en guía, información e asistencia turísticas.

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade no sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que inclúe calquera tipo de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísticas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, está capacitado para a creación e a implantación de plans e actividades de desenvolvemento locais, en relación co mesmo sector.

Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administración ou en entes de características similares (consorcios, padroados, etc.).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Guía local.
  • Guía acompañante.
  • Guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural.
  • Informador/ora turístico/a.
  • Xefe/a de oficinas de información.
  • Promotor/ora turístico/a.
  • Técnico/a de empresa de consultoría turística.
  • Axente de desenvolvemento turístico local.
  • Asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo.
  • Asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos).
  • Encargado/a de facturación en terminais de transporte.
  • Asistente en feiras, congresos e convencións.
  • Encargado/a de servizos en eventos.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Destinos turísticos  213
 Estrutura do mercado turístico  133
 Formación e orientación laboral  107
 Inglés  160
 Márketing turístico  160
 Recursos turísticos  187

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Deseño de produtos turísticos  140
 Empresa e iniciativa emprendedora  53
 Procesos de guía e asistencia turística  105
 Protocolo e relacións públicas  105
 Proxecto de guía, información e asistencia turísticas  26
  Segunda lingua estranxeira  157 
  Servizos de información turística  70 
 Formación en centros de traballo  384

 

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras).

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016