CS Proxectos de Edificación

Familia profesional

Edificación e obra civil.

Título que se obtén

Técnico superior en proxectos de edificación.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras  inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.


As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Delineante proxectista de edificación.
  • Delineante de edificación.
  • Delineante de instalacións
  • Maquetista de construción
  • Axudante de xefe/a de oficina técnica.
  • Axudante de planificador/ora.
  • Axudante de técnico/a de control de custos.
  • Técnico/a de control documental.
  • Especialista en implantacións.
  • Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
  • Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios.
  • Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Deseño e construción de edificios  133
 Estruturas de construción  107
 Implantacións de construción  133
 Instalacións en edificación  133
 Representacións de construción  347
 Formación e orientación laboral  107

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Desenvolvemento de proxectos de edificación non
 residencial
 123
 
 Desenvolvemento de proxectos de edificación
 residencial
 210
 Eficiencia enerxética en edificación  70
 Empresa e iniciativa emprendedora  53
 Medicións e valoracións de construción  87
 Planificación de construción  87 
 Proxecto en edificación
 26
 Formación en centros de traballo  384

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016