CS Administración e Finanzas

Familia profesional

Administración e xestión.

Título que se obtén

Técnico superior en administración e finanzas.

Saídas profesionais

As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,
contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.

Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: 

  • Administrativo/a de oficina.
  • Administrativo/a comercial.
  • Administrativo/a financeiro/a.
  • Administrativo/a contable.
  • Administrativo/a de loxística.
  • Administrativo/a de banca e de seguros.
  • Administrativo/a de recursos humanos.
  • Administrativo/a da Administración pública.
  • Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
  • Técnico/a en xestión de cobramentos.
  • Responsable de atención á clientela.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Comunicación e atención á clientela  160
 Ofimática e proceso da información  240
 Proceso integral da actividade comercial  133
 Recursos humanos e responsabilidade social

 corporativa

 80
 Xestión da documentación xurídica e empresarial  80
 Inglés  160
 Formación e orientación laboral  107

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Contabilidade fiscalidade  157
 Simulación empresarial  140
 Xestión de recursos humanos  105
 Xestión financeira  123
 Xestión loxística e comercial  105 
 Proxecto de administración e finanzas  26 
 Formación en centros de traballo  384

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. 

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016