CM Xestión Administrativa

Familia profesional

Administración e xestión.

Título que se obtén

Técnico en xestión administrativa.

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Auxiliar administrativo/a.
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
  • Administrativo/a comercial.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado/a de atención á clientela.
  • Empregado/a de tesouraría.
  • Empregado/a de medios de pagamento.

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Operacións administrativas da compravenda  133
 Técnica contable  133
 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría  160
 Tratamento informático da información  267
 Formación e orientación laboral  107
 Inglés  160

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Comunicación empresarial e atención á clientela  123
 Empresa e administración  123
 Empresa na aula  156
 Operacións administrativas de recursos humanos  123
 Tratamento da documentación contable  105
 Formación en centros de traballo  410

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras).

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016