CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas

Familia profesional

Actividades físicas e deportivas.

Título que se obtén

Técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

Saídas profesionais

Este técnico exercerá a súa actividade en:

  • Empresas de servizos deportivos.
  • Padroados de deportes ou entidades deportivas municipais.
  • Clubes ou asociacións deportivas.
  • Clubes ou asociacións de carácter social.
  • Empresas turísticas: hoteis, cámpings, balnearios, etc.
  • Grandes empresas con servizos deportivos para os seus traballadores.
  • Centros xeriátricos ou de carácter social.
  • Federacións deportivas.
  • Organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deportes, etc.).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Promotor de actividades físico-deportivas.
  • Animador de actividades físico-deportivas.
  • Coordinador de actividades polideportivas.
  • Monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas 
 Actividades físico-deportivas con implementos  160
 Actividades físico-deportivas individuais  210
 Animación e dinámica de grupos  110
 Fundamentos biolóxicos e bases do acondicionamento físico  185
 Metodoloxía didáctica das actividades físico-deportivas  110
 Xogos e actividades físicas recreativas para animación  110
 Horas á disposición do centro  75

 

Segundo curso

 Módulos  Horas 
 Actividades físicas para persoas con discapacidades  55
 Actividades físico-deportivas de equipo  255
 Formación e orientación laboral  55
Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de

 tempo libre e socioeducativas

 110
 Primeiros auxilios e socorrismo acuático  110
 Formación en centros de traballo  380
 Proxecto integrado  75

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información

Last modified Domingo, 03 Julio 2016