Hostalaría e Turismo

Se estás interesado en planificar e promocionar destinos turísticos, informar, guiar e asistir viaxeiros en distintos destinos turísticos matricúlate no CS Guía, Información e Asistencia Turísticas.


Administración e Xestión

Se queres aprender todo o relacionado con actividades administrativas no ámbito laboral, contable, comercial, financieiro e fiscal, e a atender a clientes ou usuarios atoparas o teu sitio no CM Xestión Administrativa ou o CS Administración e Finanzas. Se prefires xestionar, elaborar e transmitir infomación procedente dos órganos executivos e de xestión, ou con destino a eles recomendámosche o CS Asistencia á Dirección.


Actividades físicas e deportivas

Se queres adicarte a planificar, dinamizar e avaliar xogos, actividades físicas, deportivas e de acondicionamento físico infórmate sobre o CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas


Edificación e obra civil

Para obter unha formación que che permita elaborar documentación técnica de proxectos de edificación, realizar trazas de obra e xestionar o control documental para a súa execución e traballar como delineante, proxectista ou maquetista CS Proxectos de Edificación


Comercio e Márketing

Se queres aprender a obter ou elaborar información e xestionar os plans de actuación no o ámbito da compras, vendas, márketing e loxística e investigación comercial apúntate ao CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Para aprender a executar os plans establecidos para a comercialización de produtos ou servizos no ámbito do almacenamento, distribución, vendas, atención ao público ven ao CM Actividades Comerciais.


Informática e Comunicación

Se a túa paixón é instalar, configurar e manter sistemas Informáticos e redes interesarache o CM Sistemas Microinformáticos e Redes , CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Para aprender a desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas apúntate no CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma , CS Desenvolvemento de Aplicacións Web


Last modified Domingo, 03 Julio 2016